A.C. Xirandela

Obradoiro de Cultura e Tradición

CONTACTO

Tlfn: 679 674 417

info@xirandela.es

  • Facebook Basic Black
  • Black YouTube Icon

As Nosas Clases

Que atoparás nas nosas clases?

Contamos con profesores altamente cualificados en cada materia e de recoñecida traxectoria artística. Os nosos mestres son grandes transmisores da música tradicional galega, porque eles mesmos a aprenderon dos seus maiores, investigando sobre o terreo, percorrendo aldea por aldea e recollendo e rescatando cantigas, melodías, letras e bailes directamente das fontes. Todos eles teñen unha grande experiencia didáctica e tamén como directores artísticos en cadansúa especialidade. 


Xa que os nosos mestres viaxan dende Galicia para aprendernos en Madrid, as clases son intensivas, un día ao mes. A metodoloxía garante o máximo aproveitamento por parte do alumno e dótao de ferramentas e recursos para repasar e avanzar pola súa conta deica a vindeira clase. Paralelamente, a Asociación organiza ensaios periódicos conxuntos para integrarmos toda esa aprendizaxe das distintas materias e… gozarmos!

Impartidas por Tito Iglesias Villamor.

  • Grupo de iniciación: domingos de 10:00h a 12:30h

  • Grupo de perfeccionamento: domingos de 12:30h a 15:00h.  (+info)

Impartida por Rafael Carracedo Crespo.

Impartido por Sergio Cobos.

  • Sábados de 10:00h a 13:00h e de 15:00h a 18:00h


Esta actividade desenvólvese en dous grupos, un de iniciación e outro de perfeccionamento. Ambos os dous grupos traballan de xeito simultáneo para se enriqueceren mutuamente e para que os alumnos, aos poucos e de xeito natural e lúdico, entren progresivamente na dinámica do que acontece en calquera foliada ou en calquera festa tradicional de Galicia.  (+info)

DSC05717.JPG

Impartido por Xulia Feixoo.

  • Venres de 18:00h a 21:00h.


As clases de percusión tradicional están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas no apartado máis rítmico da música de tradición oral de Galiza, con independencia do seu nivel de coñecementos previos.(+info)

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now