top of page

As Nosas Clases

Que atoparás nas nosas clases?

Contamos con profesores altamente cualificados en cada materia e de recoñecida traxectoria artística. Os nosos mestres son grandes transmisores da música tradicional galega, porque eles mesmos a aprenderon dos seus maiores, investigando sobre o terreo, percorrendo aldea por aldea e recollendo e rescatando cantigas, melodías, letras e bailes directamente das fontes. Todos eles teñen unha grande experiencia didáctica e tamén como directores artísticos en cadansúa especialidade. 


Xa que os nosos mestres viaxan dende Galicia para aprendernos en Madrid, as clases son intensivas, un día ao mes. A metodoloxía garante o máximo aproveitamento por parte do alumno e dótao de ferramentas e recursos para repasar e avanzar pola súa conta deica a vindeira clase. Paralelamente, a Asociación organiza ensaios periódicos conxuntos para integrarmos toda esa aprendizaxe das distintas materias e… gozarmos!

IMG_7414.jpeg

Impartidas por Tito Iglesias Villamor.

  • Grupo de iniciación: domingos de 10:00h a 12:00h

  • Grupo de perfeccionamento: domingos de 12:00h a 14:00h.  (+info)

IMG_6067.jpeg

Impartida por Marina Fernández.

  • Grupo de iniciación: venres de 18:00h a 19:30:00h.

  • Grupo de perfeccionamento: venres de 19:30 a 22:00h  (+info)

IMG_6249.jpeg

Impartido por Xabier Iglesias.

  • Grupo de iniciación: sábados de 10:00h a 13:00h

  • Grupo de perfeccionamento: sábados e de 15:00h a 18:00h  (+info)

a8f46bc8-1bae-4a77-a82b-d8c968ef1f94.jpeg

Impartido por Marina Fernández.

  • Sábados de 10:00h a 13:00h. (+info)

bottom of page