top of page
IMG_7414.jpeg

Canto e pandeireta

"O que non canta nin baila, que ven facer ó serán?Aprender catro mentiras para ir contar mañán"

  • Iniciación e perfeccionamiento no canto e pandeireta tradicionais galegos.

  • Coñecemento do instrumento e nocións básicas de mantemento. 

  • Aprendizaxe doutros instrumentos de percusión de man utilizados na tradición popular: pandeira, cunchas, tarrañolas, latas, tixolas…

  • Técnica vocal e exercicios vocais.

  • Aprendizaxe de cantigas, coplas e ritmos tradicionais de Galicia.

  • Visualización de arquivos de recollidas de campo.

Para o desenvolvemento desta actividade só é preciso traer o instrumento. Nas nosas aulas contamos con algunhas pandeiretas que se poderán emprestar nas primeiras clases.
 

Onde e cando se realiza a actividade?

 

A sala de canto e pandeireta atópase en C. de Servator, 19, 28043 Madrid

 

Metro cercano: Pinar del Rey


As clases son un domingos ó mes, de 10:00h a 14:00h. Consúltanos o horario específico segundo o teu nivel.

bottom of page