Xulia Feixoo
Quén é Xulia Feixoo?
Percusionista e etnomusicóloga nada en Vigo en 1987. É Titulada Profesional en Percusión (Vigo, 2010), Licenciada en Historia da Arte, na especialidade de Historia da Música (Santiago de Compostela, 2010) e Titulada Superior en Etnomusicoloxía (Vigo, 2016). Posúe o Mestrado Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, na especialidade de Artes (Pontevedra, 2018).
Dentro do panorama folk galego é integrante da banda do arpista Rodrigo Romaní, formación coa que realiza a xira do seu disco As Arpas de Breogán (Fol Música, 2012) e coa que grava o disco Fíos de ouro no Ar (Fol Música, 2018). Ata o 2017 foi percusionista da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, formación coa que participa na gravación do seu cuarto traballo discográfico Danzas Brancas (Fol Música, 2013) e coa que colabora no disco Galiza (Fol Música, 2013) do artista vasco Kepa Junkera.
Como intérprete de música tradicional acadou os primeiros premios nos concursos máis sinalados de cuartetos do país co cuarteto Virutas de Ébano: Concurso de Gaitas de Ponteareas (2014), Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (2014 e 2015) e Concurso de Música Tradicional de Luou (2013). Gañou tamén o primeiro premio no Concurso de Música Tradicional de Luou (2010), en colaboración co cuarteto Canle Dadá, o segundo premio de Gaiteiros Solistas no Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (2015) e o terceiro premio no Concurso de Gaiteiros Solistas de Soutelo (2011), xunto co gaiteiro Lois Prado.
Dende o 2008 e ata o 2016 exerceu como profesora na Escola de Música de Chapela (percusión tradicional, percusión clásica, batería e linguaxe musical) e na Escola de Danza e Música Tradicional Pedra da Garza de Ponteareas (percusión tradicional). Na actualidade é mestra de percusión tradicional na Escola de Música de Retrouso de Cela, na Escola de Música da asociación Peis d’hos de Cangas e Escola da Asociación Cultural e Folclórica O Fiadeiro, en Vigo.
Dende o 2017 dirixe a sección de percusión da Banda de Gaitas Xarabal. É autora do libro “Maruxa das Cortellas.
Tocadora do pandeiro...” (aCentral Folque, 2017) e coautora de “Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral” (aCentral Folque, 2017).