Tito Iglesias
Quen é Tito Iglesias Villamor?
Nado na Coruña, comezou a súa andaina polo mundo do baile e a música galega no ano 1983, co GRUPO DE BAILES POPULARES IAR. Atraido pola tradición e pola cultura galega, desenvolve traballos de investigación e de campo dende o ano 1984.
Foi director do GRUPO DE BAILES POPULARES IAR dende 1991 ata 2012, conseguindo, con el e coa súa escola, diferentes premios en diversos concursos da xeografía galega, como por exemplo as medallas de bronce e prata das Xornadas de Santiago, nos anos 1991 y 1992. É mestre tanto de baile como de pandeireta en distintas escolas, coas que tamén gaña diferentes premios en concursos como o de baile de XACARANDAINA, CANTIGAS E AGARIMOS de Santiago, etc.
Foi membro fundador do grupo folk ZARAGALLADA, co que realizou varias colaboracións cos grupos RUMBADEIRA y OS CEMPÉS.
Na actualidade é membro activo do grupo de cantareiros MAGHÚA, co que grabou dos CD: O CORRICÁN e MATRIA.
Alén diso é director do grupo de cantareiras AS MAGHÚAS dende a súa fundación, e director dos grupos ABRENTE e LUADA da A.C. Queiroga de Paiosaco, onde tamén é mestre de colexio. Ademais é mestre de pandeireta nas escolas de SON D'AQUÍ, A COMUNA y AS GARELAS, entre outras.
Como recoñecido folclorista, foi xurado en case todos os concursos tanto de baile como de pandeireta de Galicia, como os organizados pola asociación cultural XACARANDAINA, CANTIGAS E AGARIMOS, TEQUEXETELDERE, XIRADELA, etc.