top of page

Multipercusión

DSC05717.JPG

"Toquen as gaitas que hai festa, toquen ó son do pandeiro, pífanos toquen a frauta, redobre o tamborileiro"

Mestra: 

  • Sistemas de notación para a percusión tradicional galega

  • Técnica: agarre, postura corporal, golpeo, recursos tímbricos.

  • Recursos técnicos: acentos, mordentes, redobres e riscados, dinámicas.

  • Padróns rítmicos: xota, rebeirana, pasodobre, pasacorredoiras, alborada, rumba, mazurca e valse.

  • Estilos interpretativos: análise e exemplificación dos diferentes tipos de formación nas distintas épocas históricas e zonas xeográficas, directrices para a realización de montaxes de percusión dependendo do contexto (gaiteiro solista, cuarteto, charanga…).

 

Con que instrumentos? Con Tambor, Bombo, Pandeiro cadrado, Pandeira, Lata de pemento, Cunchas...

Para o desenvolvemento da actividade cómpre traer unha caixa sorda e baquetas.

Donde e cando se realiza esta actividade?

 

A sala de multipercusión atópase no Paseo de los melancólicos 11, 4, Madrid.

 

Metro cercano: Puerta de Toledo


As clases son un sábado ó mes, de 10:00h a 13:00h. 

bottom of page