top of page

Xabier Iglesias

WhatsApp Image 2021-08-04 at 13.23.43 (1).jpeg

Quen é Xabier Iglesias?

Formado en baile tradicional nas escolas de Cántigas e Frores, Xacarandaina e bailando cos nosos maiores.

 

Formou parte dos grupos de baile tradicional de Cántigas e Frores de Lugo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
Dende o ano 1990 comenza unha labor de investigación de cultura tradicional e a súa divulgación e ensino. Dentro de este proxecto de investigación, divulgación e ensino é socio fundador de diferentes asociacións, coma a asociación Reviravolta e A Volta do Agro, o grupo de canto tradicional Cantatí, co que grabou un CD en 2007 froito do traballo de campo de recollida de cantos tradicionais.

 

Autor do traballo didáctico “Así fan os bailadores” libro-CD-DVD con repertorio de iniciación ao baile tradicional.
En 2011 monta a compañía “ProxectoDanza”, onde se fusiona baile tradicional. Con esta compañía dirixe o espectáculo “Latexo” (2012).

 

Director do grupo de baile de Cántigas e Frores (2004-2014), así como das súas escolas de baile tradicional. Mestre de baile tradicional da Xunta de Galicia no programa “Escolas Abertas” dende 2011 a 2015 e para a Galicia Exterior.


Actualmente está íntegramente adicado á divulgación e ensino do baile tradicional dirixindo a súa propia escola tradi “Oxeito” en Lugo, producindo e actuando en espectáculos que axudan a divulgar e promocionar o baile tradicional, como o espectáculo de teatro e danza “Moendo Muiñeiras”, dirixido por Paloma Lugilde, actuando xunto a Montse Rivera e Pablo Pintor ou o espectáculo basado nas verbenas dos anos 40 e 50 “Verbena Galega D ́antes” co grupo Airiños da Freba.
Tamén imparte clases na Tradescola (escola de música e baile tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos), no colexio Fingoi dentro do curriculum da asignatura de música e en varias asociacións de Galicia e o Bierzo. Agora, tamén en Madrid.

bottom of page